Friday 17 de May de 2024

Axenda fin de semana en Cariño


Cine: “CUÑADOS”
NOVO HORARIO!! Sábado 8 de maio, a partir das 17.30 horas.
Sábado 8 de maio, a partir das 20 horas (ENTRADAS AGOTADAS).
Domingo 9 de maio, a partir das 19.30 horas (ENTRADAS AGOTADAS).

Auditorio Municipal. Entrada: 4,5 €

Podes adquirir a túa entrada no LOCAL SOCIAL da CASA DO CONCELLO ata o sábado 8 pola mañá.

Película non recomendada para menores de 7 anos.

Sinopse:

CUÑADOS é unha comedia de enredo sobre as peripecias delictivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado. Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos, MOITOS CUARTOS.

Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e deixou tirados. Pode pasar calquera cousa, pero como diría Sabonis: MALO SERÁ!